Somos un grupo afeccionado de teatro musical de entre 14 e 70 anos, que se forma na Escola Galega de Teatro Musical, un centro de formación artística privado, na cidade da Coruña.

Como actividade complementaria á nosa formación, producimos e representamos cada ano, unha obra de teatro musical que creamos orixinalmente ou que traducimos e importamos polo xeral dende Boradway ou o West End, para que os nosos veciños e veciñas teñan acceso ós grandes musicais internacionais na súa lingua.

En 2021, estreamos a primeira versión oficial en lingua galega do musical "Xesucristo Superstar" e en 2022 grazas á vosa axuda a primeira tradución do musical Spring Awakening. o 2024 a obra nacional de contido histórico "España con honra, España sen rei",  que retrata o Madrid de 1870 e o papel que distintas personaxes galegas tomaron durante a suposta conspiración contra o xeneral Prim. E este ano traemos a tradución oficial dunha das obras máis recoñecidas de BROADWAY. COMPANY.

Para poder realizar estas producións e ofrecerllas ó público dun xeito económico accesible a tódalas persoas, constituimos a Asociación Galega de Teatro Musical, que participa en diversos eventos da nosa cidade para recadar fondos que o fagan posible. Un dos máis populares é a nosa comparsa de Carnaval, na que tamén podes participar enviando un mail. 

© 2022 Compás Lab S.L,  P° de la Castellana 79, Madrid, 28046
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar