QUE IMOS CONTAR CON ESTA OBRA
O noso proxecto MILLO, consiste na tradución e produción da revolucionaria obra "Spring Awakening", unha historia orixinal de Frank Wedekind que en 2007 pasa a ser musical da man de Steven Sater e Duncan Sheik. Wedekind reflicte dende o prisma da adolescencia, as implicacións emocionais do tipo de educación imposto na súa época. Unha educación que non deixa espazo ó cuestionamento vital e persoal do individuo e que non contempla o espertar sexual do alumnado, de ahí o seu nome. Malia considerarnos moral e eticamente avanzados, cremos interesante a reflexión actual sobre os enormes paralelismos que aínda podemos atopar máis de cen anos despois.